CARA O CEO, Letras Galegas

HOXE QUERO CELEBRAR O DIA DAS LETRAS GALEGAS COA PUBLICACIÓN DO MEU PRIMEIRO POEMA PENSADO EN GALEGO.

 

CARA O CEO

 

ESCONDIDO CARA ABAIXO

MERGULLADO NUN MAR DE NÉBOA

AFLIXIDO POLO FEDOR

DE PAIXÓNS CONTAMINADAS

MALVIVIDAS POLO DESAZÓN DO INSTINTO

NUN ESCENARIO SEN ESPERANZA,

CON REPARTICIÓN DE ANIMAIS,

INDOMABLES POLAS AMBICIÓNS

DOS SEUS DONOS

 

A MIN SÓ ME QUEDA SOBREVIVIR

DEITADO BOCA ARRIBA

MIRANDO CARA O CEO

SECÁNDOME O SOL

COMO UNHA SARDIÑA LAÑADA

ESPERANDO NO CORREDOR

DA FAME NEGRA

PARA DEIXARME DEVORAR

POLA IMPROVISACIÓN

DUN DESTINO

QUE NON PODO MUDAR

DANADO POLO PASO DO TEMPO

E EROSIONADO POLA SECA

DO MEU XARDIN INTERIOR.

 

NECESITO QUE ME REGUEN,

QUE ME EMPAPEN,

QUE ALAGUEN O MEU CORPO,

QUE AXITEN AS PÓLAS

DOS MEUS PENSAMENTOS

E NA CAÍDA QUE PREÑEN

A TERRA DE DESEXOS

DE ESPERANZA E LIBERDADE,

PARA VOLVER TODOS

O REGO DAS NOSAS RAÍCES E ASI

DEIXARNOS DE XUSTIFICAR

PARA SER QUEN DE CONVERTERNOS

EN ALGO MÁIS QUE UNHA XEOGRAFÍA

QUE DE CANDO EN VEZ SUSPIRA,

E ÁS VECES ESBIRRA,

PARA RECLAMAR O SEU ESPAZO,

PARA CUMPRIR COA SÚA OBRIGA,

NO BERCE DA ORIXINALIDADE,

VOLVENDO A VERTER VERDADE,

SIN PREGUNTAR A NINGUÉN.

 

AINDA ESTAMOS A TEMPO

DE VOLVER A COMENZAR,

DE PARTIR DE CERO,

DE MIRAR CARA O CEO

E DESCUBRIR

PORQUE NA NOSA TERRA

AS NUBES TAMEN CHORAN

 

Pati/17/5/2018

 

 

 

Compartir...Share on Facebook0Share on Google+0Tweet about this on Twitter0Share on LinkedIn0

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *